A meteoroloxía foi protagonista do fin de semana na Ría de Pontevedra, onde houbo de todo

Bon 3, Sebrala 2, Rabudo e Cassandra se impoñen na XVII Regata de Cruceiros Náutico Portonovo


15/07/2019 |   Portonovo, 15 de Xullo de 2019.-

A meteoroloxía de forma caprichosa convertiuse en protagonista da 17ª edición da Regata de Cruceiros Club Náutico Portonovo-Memorial Paco Alvariñas que organizou dito clube este pasado fin de semana 13 e 14 de xullo na Ría de Pontevedra coa colaboración de organismos e firmas empresariais como son Previsonor, Yacht Port Marinas, Gadis, a sociedade pública Galicia Calidade, a Deputación de Pontevedra e Asnauga (Asociación Náuticos de Galicia).
Na xornada sabatina disputouse a tradicional etapa consistente na volta ás illas Onza e Ons con 16 millas de percorrido para as flotas Clases Orc e A Dous, mentras que os Clásicos Veteráns facian un de 11 millas polos faros de Picamillo e Camouco fronte a ditas illas. Comenzo normal con vento do oeste de 8 millas de intensidade en día nublado e mar case llana, ata que pasados uns minutos a travesía tivo de todo, con chubascos, roles, subidas de intensidade ata os 16 nudos, calmadas momentáneas….en fin, que as tripulacións tiveron que esforzarse ó máximo ata chegar a meta. Nesta xornada se impoñían o “Fuerza 4” en clase 1; “Abal abogados-Fanautic” en Clase 2; “Oliver II” en Veteráns e “Ay Carmela” en A Dous.
O domingo parecía que a regata ía discurrir con máis normalidade, xa que unha brisa do suroeste, clásica de verán na zona, as prometía moi felices, montándose un percorrido hacia o interior da ría con 14 millas para as flotas máis rápidas e de 10 millas para os demáis. Pero tras darse a saída, cando os barcos se aproximaban á baliza de desmarque, unha intensa néboa entrou repentinamente e así trascurriu xa case toda a proba con algún claro de vez en cando. Iso sí, a brisa do suroeste con 8-10 nudos de intensidade mantuvose constante vencendo nesta segunda e definitiva etapa o “Sebrala 2”, “Rabudo”, “Cassandra” e “Bon 3” que á postre foron os vencedores absolutos nas súas respectivas clases ó prevalecer o vencedor na última etapa no caso de empate.
O podio final quedou da seguinte maneira,
Clase Previsonor Orc1
1. Sebrala 2 (Bavaria 50 – Magin Alfredo Froiz - RCN Sanxenxo), 3 puntos
2. Fuerza 4 (Sun Fast 37 – Carlos García – RCM Aguete), 7 puntos
3. Quen Vai (Ro 330 SD – Laureano Santiago – RCM Aguete), 8 puntos

Clase Yacht Port Marinas Orc2
1. Rabudo (Yatlant 24 – Juan Fontán - CN Beluso), 3 puntos
2. Abal abogados/Fanautic ( First Class 8– Mariano Dios / Ro Yachts Club), 3 puntos
3. Laste (Meira V900 – Angel Pena - CM Redes) 6 puntos

Clase Gadis Clásicos/Veteráns
1. Cassandra (Hylliard 37 – Javier Pazó / CN Portonovo), 3 puntos
2. Oliver II (Brin de Folie – José Mª Tilve / RCM Aguete ), 3 puntos
3. Peregrina (Puma 23 - Carlos Núñez – CN Portonovo)

Clase Galicia Calidade A Dous
1. Bon 3 (J 109 – Victor Carrión/Ana Sardiña – RCN Vigo), 4 puntos
2. Kairos IV (Custom 800 – Julio Casal/José Ramón Oubiña – CN Portonovo), 6 puntos
3. Ay Carmela (J 80 – Juan Mtnez. Pazó/Antonio Gaona – LM Bouzas), 7 puntos

A entrega de premios levouse a cabo na tarde do propio domingo nas instalacións do clube organizador con asistencia da directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro; o director xeneral de Previsonor, Jorge González Cuenca e directivos do Nautico Portonovo e Liceo Marítimo de Bouzas que arroparon á familia do lembrado Paco Alvariñas.