ÉXITO DO CAMIÑO DE SANTIAGO POR MAR

A Travesía Náutica Xacobea cumpliu os obxectivos marcados


21/06/2019 |   Asnauga, en colaboración coa empresa de Charter Sailway e o ARD Ría Muros Noia culminou o pasado día 20, a Ruta Sur da Travesía Náutica Xacobea.

Esta Travesía, que por primeira vez recala nun porto da Ría de Muros Noia (Real Club Náutico de Portosin), tivo unha duración de 3 días de navegación con 92 millas náuticas (166,68 Km) e recorrido terrestre de 7 ,45 km. Os obxectivos de promoción, tanto da Náutica como do Camiño de Santiago, consideran que se cumpliron.

Nesta peregrinación náutica, participaron operadores e xornalistas turísticos de España, Brasil, Venezuela, Inglaterra, Escocia, Bélxica, que sairon do Monte Real Club de Yates de Baiona á mañana do día 18, pasando polo R. C. N. de Vigo, R.C.N. de Rodeira de Cangas, C.N de Portonovo, R.C. N. de Sanxenxo, C.N. de San Vicente, C.N.D de Riveira, Marina Arousa e rematando no R.C.N. de Portosin. Posteriormente se desprazaron a Santiago de Compostela onde recorreron os últimos 7,45 km camiñando desde o Milladoiro ata a Catedral de Santiago de Compostela, obtendo así a Compostela Náutica.

Os participantes unánimemente, alabaron a iniciativa desta Travesía, a paisaxe da costa galega, a gastronomía, así como o acollemento por parte dos Clubes Náuticos Galegos.

Entre os obxectivos de Asnauga está a promoción do turismo e deportes náuticos, dar a coñecer as instalacións e portos deportivos da súa rede de asociados (26 portos), e a promoción da Travesía Náutica Xacobea nas súas dúas vertientes, a Ruta Sur e a Ruta Norte, de xeito que se poda unir turismo, náutica e relixiosidade, tres aspectos inherentes a esta Comunidade Autónoma.

Asnauga foi a primeira entidade Española en organizar unha Peregrinación Náutica de ámbito internacional no ano 2014 con motivo do 8º centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela, que a organizou con duas flotas, unha partindo de Xénova Italia e a segunda desde Avilés (Asturias), dita flota estivo formada por un total de 45 embarcacións a vela con 275 tripulantes. Esta foi a primeira vez que se otorgou a Compostela a unha peregrinación por mar.