Pouco vento na XVI Cruceiros Nautico Portonovo - Memorial Paco Alvariñas, que incluso causou a anulación da xornada dominical

Sebrala 2, Abal Abogados, Calamote e Menudeta vencedores finais na Cruceiros de Portonovo


16/07/2018 |   Era tamén a última proba puntuable para o Circuito Rías Baixas A Dous que se levou merecidamente o Menudeta

Portonovo, 16 de Xullo de 2018.-

Durante este pasado fin de semana, 14 e 15 de xullo, disputouse en augas da Ría de Pontevedra a 16ª edición da Regata de Cruceiros Club Náutico Portonovo que organizou dito club coa colaboración de organismos e firmas empresariais como foron Deputación de Pontevedra, Previsonor, Casino La Toja, YPMarinas, Gadis e a sociedade pública Galicia Calidade así como Asnauga (Asociación Náuticos de Galicia).
Millor dito, celebrouse soamente o sábado xa que a escasez de vento e inestabilidade do pouco que existiu as veces na xornada dominical contribuiu a que os resultados do sábado foran os definitivos. Unha xornada do sábado que comezaba puntual co vento do suroeste algo rolón con intensidades que oscilaron entre os 5 e 9 nudos e algún pozo que outro sen nada que os regatistas intentaron evitar como puideron. Para as clases Orc e A Dous a distancia final foi de 13,9 millas, mentras que para os Veteráns e Clásicos 11 millas en total polo interior da Ría de Pontevedra virando os faros e balizas de navegación de Bueu e Aguete con punto de inicio e final en Portonovo.
Na clase Previsonor Orc1, inicio trepidante do “You koun koun” que na segunda parte da regata o “Sebrala 2” lle recortaba distancia e lle gañaba por escasos 30 segundos en tempo compensado. A clase Casino La Toja Orc2 non tivo discusión na victoria o “Abal Abogados/Fanautic/Lagar de Pintos” que fixo a súa mellor regata da tempada e quizais do seu historial, acentuado cun primer bordo na baliza de desmarque onde chegou en cabeza da flota. Ademáis, entre os seus opoñentes atopábanse algúns dos mellores especialistas galegos como son o “Travesío/La Riviere” e o “Grifo” ós cales dobregou en tempo compensado con holgura. En clase YPMarinas de Clásicos/Veteráns novamente gañou o “Calamote” que últimamente se amosa intratable nesta clase. E finalmente na Galicia Calidade A Dous o “Menudeta” estivo espectacular entrando incluso en primeiro lugar en tempo real de toda a flota pese a haber saído cinco minutos despois como todos os demáis da súa categoría e adxudicándose o triunfo desta forma nesta regata e no novedoso Circuito Rías Baixas A Dous.
A entrega de premios tivo lugar na propia tarde do domingo coa asistencia de familiares, tripulantes e amigos de Paco Alvariñas, o que fora tesoreiro do club organizador r participante asiduo ás regatas da ría ca súa embarcación “Taita”, falecido fai escasos meses e que nesta regata levará xa a partir de agora o nome de Memorial Paco Alvariñas.
O cadro de honor das diferentes clases quedou da seguinte maneira,
Clase Previsonor Orc1
1. Sebrala 2 (Bavaria 50 – Magin Alfredo Froiz / RCN Sanxenxo)
2. You Koun Koun (Jod 35 – Adolfo Castro – CN Portonovo) a 35 segundos
3. Aguiera (Sun Odissey 40 – Celestino Campelo – RCM Aguete) a 17 minutos e 50 sgs

Clase Casino La Toja Orc2
1. Abal abogados/Lagar de Pintos/Fanautic ( First Class 8– Mariano Dios / Ro Yachts Club)
2. Travesío La Riviere (Yatlant 24 – Pablo de la Riva / CN Vilagarcía) a 04:18
3. Grifo (First 27.7 – Francisco Freire / RCM Aguete) a 12:40

Clase YPmarinas Clásicos/Veteráns
1. Calamote (Furia 25 – Jorgo Alvarez / RCM Aguete)
2. Cassandra (Hylliard 37 – Javier Pazó / CN Portonovo) a 03:05
3. Oliver II (Brin de Folie – José Mª Tilve / RCM Aguete ) a 09:54

Clase Galicia Calidade A Dous
1. Menudeta (Sun Legende 41 – Victor Carrión/Ana Sardiña – CN Punta Lagoa)
2. Ay Carmela (Golfiño 7.25 – Juan Mtínez Pazó/Rafael Mtínez Almeida-LM Bouzas) a 10:41
3. Salaño 2 (Sun Fast 36 – Jacobo Vecino/Brenda Maure – RCN Vigo) a 12:28