Sendo ademáis o primeiro Memorial Paco Alvariñas

A XVI Regata de Cruceiros Náutico Portonovo celébrase este próximo fin de semana na Ría de Pontevedra


12/07/2018 |   O Club Náutico de Portonovo organiza este regata para Cruceiros ORC, Veteráns e A Dous puntuable para o Circuito Rías Baixas

Portonovo,  12 de Xullo de 2018.-

Este próximo fin de semana, 14 e 15 de xullo, disputarase en augas da Ría de Pontevedra a 16ª edición da Regata de Cruceiros Clube Náutico Portonovo que organizará dito club coa colaboración de organismos e firmas empresariais como son Deputación de Pontevedra, Previsonor, Casino La Toja, YPMarinas, Gadis e a sociedade pública Galicia Calidade así como Asnauga (Asociación Náuticos de Galicia).

As probas consistirán en percorridos costeiros e ó vento con distancias adaptadas ás clases participantes, segundo sexan cruceiros Orc de tripulación completa, Veteráns ou tripulacións A Dous e as súas respectivas prestacións, comezando o sábado día 14 ás 15:00 horas e o domingo día 15 ás 12:00 horas.

Será además primeiro Memorial Paco Alvariñas, o que fora tesoreiro do clube organizador e participante asiduo ás regatas da ría, fundamentalmente nesta onde incluso na pasada edición finalizou en terceira posición na súa clase coa súa embarcación "Taita" e que fai escasos meses deixounos de súpeto para sempre.

Regata que ademáis nesta ocasión será puntuable para o Circuito Rías Baixas categoría A Dous.

As previsións meteorolóxicas son clásicas de verán e bastante mellores que as tidas na anterior edición onde na segunda xornada baixo motisimo vento e houbo de acortarse o percorrido.

Lembremo que o cadro de honor no 2017 quedou da seguinte maneira,

Clasificación ORC 1
1. Oral Group/Galimplant (Salona 37 – Pedro Pazos / R.C.N. Sanxenxo)
2. Fuerza 4 (Sun Fast 37 – Carlos García/ RCM Aguete )
3. Sebrala 2 (Bavaria 50 – Magin Froiz / RCN Sanxenxo)

 Clasificación ORC 2
1. Travesío (Yatlant 24 – Pablo de la Riva / RCM Aguete)
2. Albarellos (Sun Odissey 32 - Fernando Rey / CN Portonovo)
3. Abal abogados/Lagar de Pintos/Fanautic ( First Class 8– Mariano Dios / MRCYBayona)

Clasificación Clásicos/Veteranos.
1. Cassandra (Hylliard 37 – Javier Pazó / CN Portonovo)
2. Oliver II (Brin de Folie – José Mª Tilve / RCM Aguete )
3. Taita (Puma 38 – Francisco Martínez Alvariñas/ CN Portonovo)