CAMPIONATO GALEGO VELA RC CLASE IOM 2015


09/09/2015 |   Nas augas de Portonovo realizouse este sábado día 5 de Setembro o Campionato Galego de Vela RC 2015, de carácter aberto, inscribindose 12 patróns entre galegos, portugueses e unha vasca.

Tras un retraso de máis de unha hora por condicións de vento, ó ser inexistente a primeira hora e con roles impracticables deuse a primeira saída ás 12:20 con vento do Noroeste, con 5 a 6 nudos, o que facía que desde a cabeza do pantalán nº1 del CN de Portonovo se puidese ver o campo perpendicular, co que tódolos participantes terían a visibilidade completa do percorrido sen necesidade de molestarse entre eles.

A pesar deste retraso, e a partir de dar comezo a primeira proba, o vento portouse, aumentando, ata chegar a última hora da mañá a uns 10 nudos, o que levou á organización a poder realizar 9 probas durante a mañá. Tempo moi ben aproveitado, xa que as tripulacións apenas pediron os seus 2 minutos de respeto para efectuar reparacións antes de volver a sair, ademáis, destacar o respecto entre regatistas o cumplir co regulamento de Regatas, recoñecendo as infraccións e respondendo enseguida con autopenalizacións con tan só unha protesta que se deixou para o final da mañá para aproveitar o tempo, isto e un campo non moi grande foi o que fixo dinámico todo o campionato.

A mañá foi moi reñida entre as tripulacións de cabeza, botouse en falta ó aspirante a gañar este campionato José Pablo Rivas do Club Moaña Mar e na súa ausencia, o Vasco Ramón Goñi e Tomás Pérez rivalizaron unha mañá que tras estas 9 probas acabaron empatados a 10 puntos cando xa se efectuaban 2 descartes na clasificación, seguidos do veciño portugués Fernando Larceda, Francisco Puga e André Ferreira.

A tarde comezou con 15 minutos de retraso, neste caso os patróns relaxabanse ó levar unha mañá bastante completa e que o vento prometía. Do mesmo componente, pero agora con aumento ata momentos de 15 nudos en rachas que facían rolar 30 grados cara á dereita do campo, este aumento de vento colleu ós patróns co equipo de velas nº1, o que levou a mais roturas que pola mañá e polo tanto a mais falta de embarcacións en algunhas saídas.

Realizaronse 11 probas pola tarde, que coas da mañá fan un total de 20 probas neste Campionato, a destacar tamén os tropezos involuntarios do Cangués Tomás Pérez que abordado en varias ocasións, tendo "dereito de paso" e ata quedando enganchado nalgunha baliza, non por elo cedeu un merecido segundo posto tras, unha boa actuación de Ramón Goñi que podía facerse con 6 primeiros das 11 probas da tarde.

A clasificación do Campionato aberto queda primeiro Ramón Goñi do País Vasco con 24 puntos, seguido de Tomás Pérez de Cangas con 29 e de Francico Puga do Liceo Maritimo Bouzas con 57 puntos, Fernando Larceda de Portugal con 65 e tercer galego e 5º na xeral Juan Somoza do Nautico de Boiro con 98 puntos seguido de Luis Felipe de R. C. Nautico Sanxenxo con 119.

Obtendo a placa de Campión Galego 2015 de Vela RC Tomás Pérez González do Real Club Nautico Rodeira de Cangas co seu novo Xarda Evolution.