SOCIOS E USUARIOS DO CN DE PORTONOVO VISITAN A ADEGA EIDOS


04/09/2015 |  
O pasado día 24 de agosto, un grupo de socios e usuarios do C.N. de Portonovo visitaron a Adega Eidos. Participaron nesta actividade 30 persoas, que se desplazaron nun autobús que fletou o C.N. de Portonovo.

O Club Náutico de Portonovo, dentro da súa política de promoción dos productos Galegos con certificación de Galicia Calidade, colabora este ano coa Adega Eidos situada na parroquia Sanxenxina de Padriñan, na potenciación dos viños Albariños.

O entorno e a orientación ó sur dos viñedos garanten unhas cualidades inmellorables destes caldos galegos.

A visita guiada por unha das RRPP sirveu para coñecer as súas adegas e viñedos, rematando ó final das mesmas cunha degustación dos seus tres viños Albariños, desde un marco incomparable, a súa estupenda terraza con vistas á Ría de Pontevedra.

Dende eiquí, queremos agradecer á adega Eidos e o súa xerente, Marcelo Radio, a súa colaboración e amabilidade para a organización de dita visita.