Pouco vento na xornada final que propiciou moitos cambios na xeral

ARNOIA, ARGALLEIRO E ARGOS, VENCEDORES FINAIS DA REGATA HOTEL GALATEA TROFEO CONSERVAS PESCAMAR DE CRUCEIROS


01/09/2015 |   PORTONOVO.- luns, 31 de Agosto de 2015

Moi difícil o tivo este domingo o Comité de Regatas para sacar adiante a segunda e definitiva etapa da 19ª edición da Regata Hotel Galatea – Trofeo Conservas Pescamar, que organizou o Club Náutico Portonovo coa colaboración do Club Náutico Boiro e o Concello de Boiro ademáis de Coca Cola, Adega A Coroa e Biomasa Forestal.

Retraso na saída novamente debido á escasez total de vento nas inmediacións da Mariña de Cabo de Cruz, ata que por fin ás 12:30 cunha lixeira brisa do suroeste deuse a mesma coa esperanza de que aumentase pouco a pouco. Pero non foi así. Xa chegando a flota á altura do Pombeiriño na saída da Ría de Arosa, o vento comezou a baixar alarmantemente de forma que o Comité de regata veuse na obriga de acortar o percorrido para salva-la proba, facendoo á altura do Faro de Picamillo quedando o percorrido finalmente de 18 millas a 12 soamente. Moita emoción nos metros finais en tempo real entre o ARNOIA e o YOUKOUNKOUN levándose o gato a auga este último aproveitando unha brisa aislada. Os demáis foron chegando moi pouco a pouco e gran parte tiveron que retirarse ante a imposibilidade de finalizar a proba en tempo.

A media tarde do propio domingo celebrouse a entrega de premios nas instalacións do Hotel Galatea coa asistencia de Nava Castro, directora de Turismo da Xunta; Chelo Besada, diputada provincial de deportes de Pontevedra; Jesús Sueiro, concejal de turismo e deportes do concello de Sanxenxo; Francisco González, presidente do consorcio de turismo de Sanxenxo; Jose Luis Prieto, propietario do Hotel Galatea e Javier Ruiz de Cortázar, Presidente do Club Náutico Portonovo.

Tras o cómputo de ambas etapas do sábado e domingo, a xeral final dos primeiros quedou así:

Clase 1
Vencedor: Arnoia (RO 340 – Francisco Alvarez – RCM Aguete) 4 puntos
Segundo: Sebrala 2 (Bavaria 50 – Magin Froiz – RCN Sanxenxo) 4 puntos
Terceiro: Younkounkoun (JOD 35 - Adolfo Castro - C.N. Portonovo) 4 puntos

Clase 2
Vencedor: Argalleiro (RO 330 -Fernando Otero – Ro Yachts Club), 2 puntos
Segundo: Maral III (Bavaria 36 – Roberto de la Puente -CN Portonovo) 8 puntos
Terceiro: Taita (Puma 38 – Francisco Martínez – CN Portonovo) 9 puntos

Clase 3
Vencedor: Argos (Falcon 9 – Santiago Vecino – CN Boiro), 2 puntos
Segundo: Kairos III (Dufour 325 – Julio Casal - CN Portonovo), 5 puntos
Terceiro: Tuspi II (RO 300 – Jesús López – CN Portonovo), 10 puntos

Na clasificación especial de A Dos (dous tripulantes soamente a bordo), gañou o ARGOS seguido do Kairos III e do Tuspi II.