Con dous percorridos costeiros de Portonovo a Boiro e regreso

A REGATA HOTEL GALATEA TROFEO CONSERVAS PESCAMAR DE CRUCEIROS, CELEBRASE ESTE PRÓXIMO FIN DE SEMANA


27/08/2015 |   Será tamén puntuable para o Circuito Galego de Cruceiros A Dos
PORTONOVO.- xoves, 27 de Agosto de 2015

Todo a punto para que este próximo fin de semana 29 e 30 de agosto se celebre a 19ª REGATA HOTEL GALATEA – TROFEO PESCAMAR para Cruceiros ORC nas suas modalidades Absolutas (tripulacións completas) e A Dos (tripulacións cun máximo de 2 tripulantes) que será organizada polo Club Náutico Portonovo contando coa colaboración do Club Náutico de Boiro-Marina de Cabo de Cruz e o Concello de Boiro que o fan por cuarto ano consecutivo e o fiel patrocinio do HOTEL GALATEA e CONSERVAS PESCAMAR, gracias ós cales podese seguir celebrando un evento destas características e que ademáis manten a gratuidade na inscripción, cousa que xa poucos clubes fan na actualidade. Tamén colaboran nesta edición firmas como Coca Cola, Adega A Coroa e Biomasa Forestal.

A regata constará de duas xornadas con sendos percorridos costeiros en liña dende Portonovo na Ría de Pontevedra, ata Cabo de Cruz na Ría de Arousa, sendo a saída o sábado ás 14.00 horas e pernoctando na mariña boirense de Cabo de Cruz ata o domingo, día no que se realizará outro costeiro de regreso coa saída ás 12:00 horas. Cada etapa terá unha distancia aproximada de 19 millas segundo o itinerario que ordene o comité de regatas á vista das condicións meteorolóxicas que haxa no momento da saída.

E en vista ó éxito obtido nas duas anteriores edicións, novamente este ano os organizadores quixeron dar a oportunidade para que participe a modalidade de categoría A DOS cuio número de inscritos superou incluso ós de categoría absoluta nas últimas edicións, valéndolle todo elo para que sexa puntuable para o Circuito Galego de Cruceiros A Dos do 2015.

Esperase chegar ás 30 unidades como mínimo na Liña de saída.

Lembremos que na pasada edición os vencedores foron en Clase 1, Ziralla Primero (Astraea 330 - Ramón Barreiro - C.N. Barraña); en Clase 2, Andarivel (First 33.7 - Emilio Patiño - L.C. Vilagarcia); en Clase 3, Ay Carmela (Golfiño 7,25 - Juan Pazó - LM Bouzas) e en Categoría A Dos, tamén Ziralla Primero (Astraea 330 - Ramón Barreiro - C.N.Barraña