Presentación da XIX Regata Galatea no Concello de Boiro


25/08/2015 |   Hoxe ás 11:30 presentouse no Concello de Boiro a XIX Regata Hotel Galatea, que como en edicións pasadas toca este concello, en concreto o porto deportivo de Cabo de Cruz que xestiona o Club Náutico de Boiro.


Á presentación acudiron o Alcalde de Boiro, Juan José Dieste e o Presidente do Club organizador Javier Ruiz de Cortazar, neste acto presentaronse os trofeos que o Concello de Boiro entregará o día 29 os primeiros clasificados de cada clase.