O CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO PROMOCIONA OS PRODUCTOS GALEGOS


22/07/2015 |   O Club Náutico de Portonovo, dentro da súa política de promoción dos produtos Galegos con certificación de Galicia Calidade, colabora este ano coa Adega Eidos situada na parroquia Sanxenxina de Padriñan, na potenciación dos viños Albariños.

O ámbito e a orientación ao sur dos viñedos garanten unhas calidades inmellorables destes caldos galegos.

Esta adega organiza visitas guiadas para coñecer as súas adegas e viñedos, rematando ao final destas cunha degustación dos seus viños dende un marco incomparable, a súa estupenda terraza con vistas á Ría de Pontevedra. Así mesmo, podes organizar na adega actos sociais como reunións de empresa, talleres gastronómicos, etc., dentro do incomparable marco da Ría de Pontevedra, e cunha atención profesional e familiar.

Animámosvos a todos a poder gozar destes produtos galegos con certificación de Calidade, chamando esta para realizar a visita, ou se o preferides contactando co Club Náutico.