Tras dúas etapas moi rápidas e completas o sábado e domingo

SEBRALA, SANTIAGO ROMA, ARGOS E OLIVER GAÑADORES DA REGATA CLUB NAUTICO PORTONOVO - TROFEO CASINO A TOJA DE CRUCEIROS


21/07/2015 |   O novo alcalde de Sanxenxo e o seu concelleiro de turismo presidiu a entrega de premios

Portonovo, 20 de Xullo de 2015. -

Completa resultou a 13ª edición da Regata de Cruceiros Club Náutico Portonovo Trofeo Casino La Toja celebrada durante este pasado fin de semana, posto que as dúas etapas disputadas tiveron de todo en canto a condicións meteorològicas refírese, con ventos en xeral dunha mesma compoñente, o Sueste, pero que foron dende os 8 nós ata momentos de 25 nós, aínda que a media sempre se situou nos 14/15. E ademais Momentos de chuvia, sol, ás veces mesmo un pouco de néboa..... e en canto ao mar, na parte exterior da ría por momentos ondas incómodas pero que non pasaban de 1 metro, mentres que no interior diminuía en gra medida. Na xornada do sábado, con saída puntual ás 13:35, os barcos de divisións Regata e Cruceiro/Regata fixeron un percorrido de 19 millas rodeando as illas de Ons e Onza por fóra mentres que os clase Cruceiro e Clásicos/veteranos facían 15 millas polos faros próximos ás illas. E o domingo, con saída ás 13:05, os grandes fixeron o percorrido de 15 millas polos faros das illas e os pequenos e veteranos un de 10 millas polas balizas do interior da ría.
As divisións de Cruceiro/Regata, Cruceiro e Clásios/Veteranos tiveron dominadores claros, non así na división Regata con grandes alternativas e mesmo con igualdade a puntos de tres barcos na primeira posición decantada finalmente ao que venceu na última proba.

As xerais finais dos primeiros clasificados das respectivas divisións foron,
Clasificación ORC Regata.
1. Sebrala 2 (Bavaria 50 - Magin Froiz / RCN Sanxenxo), 4 puntos
2. Oral Group (Salona 37 - Pedro Pazos / R.C.N. Portosín) 4 puntos
3. Aguieira (Sun Odisseyy 40 - Celestino Campelo - RCM Aguete ) 4 puntos

Clasificación ORC Cruceiro/Regata.
1. Santiago Roma Rías Baixas (Fortuna 9 - Iñaki Carbajo / CN Beluso), 2 puntos
2. Aeris ( First Class 8- Mariano Deus / Ro Yachts Combarro), 4 puntos
3. Quen Vai (Ro 330 - Laureano Santiago / R.C.N. Sanxenxo) 6 puntos

Clasificación ORC Cruceiro.
1. Argos (Falcon 9 - Santiago Veciño / CN Boiro) 2 puntos
2. Squid (First 235 - Jacobo Lusquiños - CN Portonovo) 4 puntos
3. Camarón 20 (Yatlant 24 - Javier Pérez / Ro Yacts Combarro) 6 puntos

Clasificación Veteranos.
1. Oliver II (Brin de Folie - José Mª Tilve / RCM Aguete ), 2 puntos
2. Cassandra (Hylliard 37 - Fernando Pazó / CN Portonovo), 4 puntos
3. Calamote (Furia 25 - Jorge Alvarez - RCN Sanxenxo ), 6 puntos

A entrega de premios tivo lugar na tarde do domingo nas instalacións do Club Náutico Portonovo con asistencia do novo alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, acompañado do seu concelleiro de Turismo Jesús Sueiro, ademais de directivos do Club e representantes das firmas patrocinadoras e colaboradoras como foron Casino La Toja, Gadisa, Coca Cola, Granxa Campomayor e Adega Eidos.