Este sábado a partir das 13:30 horas

TODO A PUNTO PARA O COMEZO DA REGATA CLUB NAUTICO PORTONOVO - TROFEO CASINO A TOJA DE CRUCEIROS


20/07/2015 |   Preto de 25 cruceiros optarán polos magníficos premios en liza

Portonovo, 17 de Xullo de 2015. -

Todo a punto para o comezo de 13ª Regata Club Náutico de Portonovo - Trofeo Casino La Toja, que se o tempo o permite, comezará a partir das 13:30 horas este sábado na Ría de Pontevedra.

Con respecto ás previsións meteo, o esperado hai tres días cambiou radilcalmente e os ventos do nordés pasaron a ser previsiblemente do Sueste con nuna intensidade de 6 a 12 nós, clásico tempo estival.

En total partirán case 25 embarcacións entre as que podemos destacar dos máis grandes ao AGUIEIRA, SEBRALA ou YOUKOUNKOUN. Entre os intermedios, están SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS, QUEN VAI, AERIS e entre os de menor eslora, SQUID, ARGOS, DOM PANSA e CAMARÓN 20. Nos Clásicos veteranos podemos destacar o CASSANDRA, CALAMOTE e OLIVER.

Grande animación por levarse ás súas vitrinas os magníficos premios desta Regata do Club Náutico Portonovo, patrocinados polo Casino La Toja e coa colaboración de Gadisa, Coca Cola, Granxa Campomayor, Adega Eidos e Asnauga.