A tempada de regatas de verán na Ría de Pontevedra comeza con esta auténtica clásica

A XIII REGATA CLUB NAUTICO PORTONOVO - TROFEO CASINO A TOJA DE CRUCEIROS, ESTE PROXIMO FIN DE SEMANA


16/07/2015 |   Participará a frota de Cruceiros ORC e Clásicos/Veteranos JCH

Portonovo, 15 de Xullo de 2015. -

A 13ª Edición da Regata Club Náutico de Portonovo que se disputa este próximo fin de semana, será novamente e por 11º ano consecutivo, Trofeo Casino La Toja, contando tamén nesta ocasión coa colaboración de Gadisa, Coca Cola, Granxa Campomayor, Adega Eidos e Asnauga.

A regata celebrarase a partir deste sábado día 18 na ría de Pontevedra con saída fronte ao porto deportivo do Club Náutico de Portonovo a partir das 13:30 horas e vén a ser o comezo das tradicionais regatas estivais de cruceiros na Ría de Pontevedra.

Nesa primeira xornada do sábado, onde están previstos ventos frouxos a moderados do Sueste, a intención será realizar para os ORC Regata e Cruceiro/Regata un percorrido costeiro rodeando polo exterior as illas de Ons e Onza, mentres que para os ORC Cruceiro e Clásicos/Veteranos JCH farían un percorrido un pouco máis curto polos faros da zona.

E o domingo día 19 a partir das 13.00 horas, onde están previstas as ismas condicións meteo, novamente un percorrido costeiro pero esta vez facendo os primeiros a ruta dos faros e os segundos a ruta das Balizas que é un pouco máis curto, estando prevista a entrega de premios no club portonovés sobre as 18:00 horas.

A inscrición unha vez máis é gratuíta, o cal é de agradecer ao club organizador que logo ademais entrega uns sensacionais trofeos e grandes atencións aos participantes.

Recordemos que os vencedores do ano pasado foron en ORC Regata, 1) Despezamentos Santorun (First 45 s 5 - Javier Durán / C.M. Vilagarcía), seguido do Oral Group (Salona 37 - Pedro Pazos / R.C.N. Portosín) e Epocketguide (Beneteau 25 - Jaime Barreiro / R.C.N. Sanxenxo). En ORC Cruceiro/Regata gañou o Argalleiro (Ro330 - Fernando Otero / C.N. Combarro), seguido do Tayta (Puma 38 - Francisco Martínez / c.n. Portonovo) e o Quen Vai (Ro 330 - Laureano Santiago / R.C.N. Sanxenxo). A ORC Cruceiro foi para o Argos (Falcon 9 - Santiago Veciño / C.N. Cabo de Cruz), seguido do Maral III (Bavaria 36 - Roberto de la Puente - C.N. Portonovo) e Montalvo (Oceanis 393 - Jaime Barreiro / C.N. Portonovo), e por último, en Clásicos/Veteranos impúxose o Calamote (Furia 25 - Jorge Alvarez - C.N. Portonovo), seguido do Cassandra (Hylliard 37 - Fernando Pazó / CN Portonovo) e La Peregrina I (Puma 23 - Carlos Núñez - Royal N.Z), 8 puntos