O Gran Premio Deputación remata este sábado A partires das 14:35 dende fronte á ensenada de Bueu

A DERRADEIRA ETAPA DA INTERCLUBES DE CRUCEIROS SERÁ ESTE SÁBADO EN BELUSO

Cos arroaces
17/04/2015 |   Beluso, 17 de Abril de 2015
A Regata Interclubs da Ría de Pontevedra - Gran Premio Deputación Pontevedra de Vela Clase Crucero finaliza este sábado con motivo da celebración da 6ª Etapa que terá como base e corresponderá organizar ao Club Náutico de Beluso.

A saída da regata está prevista que se faga ás 14:35 horas fronte á enseada de Bueu para que dende a costa e paseo sexa observada con facilidade polo público e afeccionados en xeral.

A previsión meteorolóxica ao igual que a semana pasada foi mellorando cos días, xa que os ventos moi frouxos que daban inicialmente, pasaron a ser moderados do sueste con 10-12 nós de intensidade, pouca mar e iso si, día moi anubrado. A previsión é que se faga para as clases grandes un percorrido con desmarque cara ao faro de La Mourisca e logo virar Picamillo e Camoucos, mentres que os máis pequenos o farían cara ao interior da ría, virando como final todos novamente a Mourisca e rematando fronte ao porto de Beluso.

Última etapa, que en caso fidedigno de celebrarse, propiciará que cada barco poida descartar o seu peor resultado, co cal a clasificación pode ter moitas variantes ao final. E na noite do propio sábado, celebrarase a entrega de premios no Liceo Casino de Pontevedra para esta regata que patrocinou a Deputación de Pontevedra e onde teñen colaborando as firmas Aselp Consultores, Froiz, Eolo Náutica, Accastillage&Diffusion e Landín informática, baixo a organización técnica da empresa Desmarque.

Os líderes a falta desta última etapa son ata o momento, na Clase 1 o CORSARIO VI (First 45 s 5 - José Durán - C.M. Vilagarcía); en Clase 2 o ENXUTO (First 310 - Pablo Conde - RoYachts Club); en Clase 3 o MIRAVER (Dufour 32 - Pablo Parrado - C.N. Portonovo); en Clase 4 o SEBRALA (Bavaria 50 - Magin Froiz - RCN Sanxenxo); en Clásicos Veteranos o CASSANDRA (Hillyard half ton - Fernando Pazó - CN Portonovo) e na Clase Mini 23 o TROSCADO (First 211 - Natalia Velázquez - RCM Aguete)TROSCADO (First 211 - Natalia Velázquez - RCM Aguete)