SAGAR V, ENXUTO, MIRAVER e SEBRALA 2 impóñense nas clases 1 a 4. CORVO MARIÑO e TROSCADO fixérono en veteranos e Mini 23

O SAGAR V IMPÓN A SÚA LEI NA INTERCLUBS A seguinte Etapa en Marín o 7 de Marzo


22/02/2015 |   Portonovo, 22 de Febreiro de 2015

A materia prima nas regatas de vela, que é o vento, volveu acompañar de forma magnífica na terceira proba da I Regata Interclubs da Ría de Pontevedra - Gran Premio Deputación Pontevedra que nesta ocasión tiña partida e final no Club Náutico de Portonovo co patrocinio da Deputación pontevedresa e onde tamén están a colaborar as firmas Aselp Consultores, Froiz, Eolo Náutica, Accastillage&Diffusion e Landín informática, baixo a organización técnica da empresa Desmarque.

Saída puntual ás 14:35 horas con vento de compoñente Norte que a media tarde se foi un pouco ao Nordés e manténdose nunha media de 15 nós aínda que nalgunha ocasión algún refacho superou os 20 nós e tamén no interior da Ría baixaba en ocasións a 12. Novamente percorridos distintos segundo as prestacións dos participantes en cada categoría. Os de maiores prestacións e esloras, os Clases 1, 2 e 4, fixeron un percorrido de 14,5 millas, mentres que os Clases 3 facían 11,1 millas e os veteranos e mini 23 facían 6,7 millas. Todos en común viraban despois de saír o faro de La Mourisca en Bueu, pero os máis grandes íanse logo ao faro de Picamillo saíndo da ría e os máis lentos ían cara a Morrazán no centro da ría.
Impresionante saída lanzada en popa onde saíron moi ben FAÍSCA NEJRA e LOANCA, aínda que logo un pequeno role cara ao norte fíxolles baixar chanzos, pero serviulles para manter o tipo nas súas respectivas clases. Gran regata do SAGAR V que tanto na Clase 1 coma na combinada conseguiu dobregar en tempo compensado ao intratable ata o momento, CORSARIO VI e moi ben tamén o YOUKOUNKOUN, terceiro. A Clase 2 volveulla levar de rúa o ENXUTO, seguido do FAÍSCA NEJRA e o VAGALUME de terceiro. En Clase 3 impúxose novamente o MIRAVER, seguido do LOANCA e FIRME. A Clase 4 novamente para o SEBRALA seguido do PEROMATO e o QUEN VAI. E por último, en veteranos gañou o CORVO MARIÑO e nos Mini 23 o TROSCADO.

Computadas as tres primeiras probas, a clasificación xeral vai do seguinte xeito
Clase 1 ASELP CONSULTORES,
1º) CORSARIO VI (First 45 s 5 - José Durán - C.M. Vilagarcía), con 4 puntos
2º) SAGAR V (Ro 340 - Rolando Andrade - RoYachts Club) con 7 puntos
3º) YOUKOUNKOUN (JOD 35 - Adolfo Castro - C.N. Portonovo) con 9 puntos
4º) AGUIEIRA (Sun Oddisey 40 - Celestino Campelo - RCM Aguete) 10 puntos

Clase 2 EOLO ACCASTILLAGE & DIFFUSION
1º) ENXUTO (First 310 - Pablo Conde - RoYachts Club) con 3 puntos
2º) FAÍSCA NEJRA (Ro 300 - José Rey - CN Beluso) con 9 puntos
3º) SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Fortuna 9 - Iñaki Carbajo- CN Beluso) 11 puntos
4º) BILLA (First 27.7 - Francisco Freire - RCM Aguete) con 12 puntos

Clase 3 FROIZ
1º) MIRAVER (Dufour 32 - Pablo Parrado - C.N. Portonovo) 4 puntos
2º) SQUID (First 235 - Jacobo Lusquiños - Independente) 7 puntos
3º) LOANCA (Oceanis 361 - Carlos Celard - CN Beluso) con 11 puntos
4º) CAMARÓN 20 (Yatlant 24 - Javier Pérez - RoYachts Club) 14 puntos
Clase 4 LANDIN INFORMÁTICA
1º) SEBRALA 2 (Bavaria 50 - Magin Froiz - RCN Sanxenxo) con 3 puntos
2º) PEROMATO (Ro 400 - Rafa Martínez Almeida - RoYachats Club) con 6 puntos
3º) QUEN VAI (Ro 330 - Laureano Santiago - RCN Sanxenxo) con 12 puntos

Clase Veteranos/Clásicos
1º) CORVO MARIÑO (Sirocco MK3 - Fernando González - RoYachts Club) con 9 puntos
2º) CASSANDRA (Hillyard half ton - Fernando Pazó - CN Portonovo) con 10 puntos
3º) ARRAIÁN PRIMEIRO (Arpege - Lucas Martínez - RoYachts Club) con 11 puntos

Clase Mini 23
1º) SANUK (B2 Marine - Mariano Deus - RoYachts Club) con 5 puntos
2º) TROSCADO (First 211 - Natalia Velázquez - RCM Aguete) 7 puntos
3º) QUESITO (First 21.7 - Fernando Torre - Royachts Club) 12 puntos

Con isto, chegouse xa ao ecuador da regata á espera da disputa da cuarta proba o sábado 7 de marzo, que terá como base a Comisión Naval de Regatas.