O Gran Premio Deputación a escena novamente na súa Terza manga

A TERCEIRA ETAPA DA INTERCLUBS DE CRUCEIROS, ESTE SÁBADO EN PORTONOVO A partir das 14:30 dende o Club Náutico Portonovo


20/02/2015 |   Pontevedra. - Portonovo, 20 de Febreiro de 2015

Este sábado continúase a Regata Interclubs da Ría de Pontevedra - Gran Premio Deputación Pontevedra de Vela Clase Crucero, con motivo da celebración da 3ª Etapa que lle corresponde organizar ao Club Náutico Portonovo, onde ademais do patrocinio da Deputación, están a colaborar as firmas Aselp Consultores, Froiz, Eolo Náutica, Accastillage&Diffusion e Landín informática, baixo a organización técnica da empresa Desmarque.
Novamente a previsión meteorolóxica é bastante favorable, con ventos do Norte forza 3 e cun día sen chuvias, algo de sol e non moito frío para esta época, o cal animará outra vez a saír á práctica totalidade dos 42 inscritos que quedan en regata nestes momentos.
A saída, como en toda a serie, está prevista ás 14:35 horas fronte ao Club Náutico Portonovo con tres percorridos previstos distintos para as clases segundo as súas prestacións e con chegada tamén fronte ao mesmo club. Os Clases 1, 2 e 4 farán o percorrido máis longo e técnico, moi probablemente dunhas 18 millas virando os faros de Mourisca en Bueu, Picamillo e Camoucos en Ons, e a baliza de Morrazán no centro da ría, mentres que a clase 3 terán tamén un percorrido técnico pero máis curto, que probablemente será dunhas 11 millas pasando polos faros de Picamillo e Mourisca soamente, e por último, os Clásicos Veteranos e Mini 23 farán o máis simple e curto dunhas 8 millas polo interior da Ría entre os Pelados de Aguete, Mourisca de Bueu e Morrazán, todo iso para que as diferenzas en chegada a terra sexan pequenas.
Recordemos que os líderes tras a suma de puntos das dúas etapas anteriores, son,
Na Clase ASELP CONSULTORES, o CORSARIO VI (First 45 s 5 - José Durán - C.M. Vilagarcía); na Clase EOLO ACCASTILLAGE & DIFFUSION, domina o ENXUTO (First 310 - Pablo Conde - RoYachts Club); na Clase FROIZ o MIRAVER (Dufour 32 - Pablo Parado - C.N. Portonovo); na Clase LANDIN INFORMÁTICA o SEBRALA 2 (Bavaria 50 - Magin Froiz - RCN Sanxenxo); en Clásicos Veteranos o ARRAIÁN PRIMEIRO (Arpege - Lucas Martínez - RoYachts Club) e na Clase Mini 23 o SANUK (B2 Marine - Mariano Deus - RoYachts Club)