CORSARIO VI, ENXUTO, MIRAVER e SEBRALA 2 impóñense nas clases 1 a 4. CORVO MARIÑO e TROSCADO fixérono en veteranos e Mini 23

GRANDE ESPECTÁCULO DE VELAS NOVAMENTE NA RÍA DE PONTEVEDRA A seguinte Etapa en Portonovo o 21 de Febreiro


07/02/2015 |   Pontevedra. - Aguete, 7 de Febreiro de 2015

Novamente a I Regata Interclubs da Ría de Pontevedra - Gran Premio Deputación Pontevedra volveu encher a Ría de velas cos case 40 cruceiros que este sábado tomaron a saída fronte ao Real Club de Mar de Aguete para disputar a segunda proba das seis de que se compón o evento onde ademais do patrocinio da Deputación, tamén están a colaborar as firmas Aselp Consultores, Froiz, Eolo Náutica, Accastillage&Diffusion e Landín informática, baixo a organización técnica da empresa Desmarque.
Saída puntual ás 14:35 horas con vento de compoñente Nordés que practicamente non variou en ningún momento e portando unha media de 14 nós e moi pouca mar o cal fixo que os veleiros fixesen moi rápidos os percorridos malia que os percorridos costeiros elixidos polo Comité de regata foron bastante longos e distintos segundo as prestacións dos participantes en cada categoría. Así por exemplo, os máis rápidos e de maior eslora, os Clases 1, 2 e 4, fixeron un percorrido de 17 millas despois de facer un desmarque, ir ata Bueu, subir a Tambo, chegar novamente ata o centro da ría e entrar fronte ao Club de Aguete, mentres que os Clases 3 facían case 11 millas tras facer o desmarque, ir a Bueu e subir directamente á chegada en Aguete. Por último, os veteranos e mini 23 facían case 6 millas baixando soamente a Morrazán e rematando tamén en Aguete.
Espectacular saída onde o FAÍSCA NEJRA brillou con luz propia, aínda que logo as unidades máis grandes lle foron xa adiantando. Na Clase I novamente gañou o CORSARIO VI, seguido do SAGAR e AGUIEIRA. Moi potente a Clase 2, onde se impuxo o ENXUTO, seguido do FAÍSCA NEJRA e o SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS de terceiro. A Clase 3 levóusea o MIRAVER, seguido do SQUID e o LOANCA. A Clase 4 novamente para o SEBRALA seguido do PEROMATO e o QUEN VAI. Moi animado o grupo de veteranos onde gañou o CORVO MARIÑO, seguido do ARRAIÁN e CASSANDRA, e por último nos Mini 23, gran regata do TROSCADO, seguido do SANUCK.
Tras as dúas primeiras probas, a clasificación xeral vai do seguinte xeito
Clase 1 ASELP CONSULTORES,
1º) CORSARIO VI (First 45 s 5 - José Durán - C.M. Vilagarcía), con 2 puntos
2º) SAGAR V (Ro 340 - Rolando Andrade - RoYachts Club) con 6 puntos
3º) YOUKOUNKOUN (JOD 35 - Adolfo Castro - C.N. Portonovo) tamén con 6 puntos
4º) AGUIEIRA (Sun Oddisey 40 - Celestino Campelo - RCM Aguete) tamén 6 puntos

Clase 2 EOLO ACCASTILLAGE & DIFFUSION
1º) ENXUTO (First 310 - Pablo Conde - RoYachts Club) con 2 puntos
2º) BILLA (First 27.7 - Francisco Freire - RCM Aguete) con 6 puntos
3º) FAÍSCA NEJRA (Ro 300 - José Rey - CN Beluso) con 7 puntos
4º) SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Fortuna 9 - Iñaki Carbajo- CN Beluso) 7 puntos
Clase 3 FROIZ
1º) MIRAVER (Dufour 32 - Pablo Parado - C.N. Portonovo) 3 puntos
2º) SQUID (First 235 - Jacobo Lusquiños - Independente) 3 puntos
3º) LOANCA (Oceanis 361 - Carlos Celard - CN Beluso) con 9 puntos
4º) CAMARÓN 20 (Yatlant 24 - Javier Pérez - RoYachts Club) 9 puntos

Clase 4 LANDIN INFORMÁTICA
1º) SEBRALA 2 (Bavaria 50 - Magin Froiz - RCN Sanxenxo) con 2 puntos
2º) PEROMATO (Ro 400 - Rafa Martínez Almeida - RoYachats Club) con 4
3º) QUEN VAI (Ro 330 - Laureano Santiago - RCN Sanxenxo) con 9 puntos

Clase Veteranos
1º) ARRAIÁN PRIMEIRO (Arpege - Lucas Martínez - RoYachts Club) con 4 puntos
2º) CORVO MARIÑO (Sirocco MK3 - Fernando González - RoYachts Club) con 8 puntos
3º) CASSANDRA (Hillyard half ton - Fernando Pazó - CN Portonovo)
Clase Mini 23
1º) SANUK (B2 Marine - Mariano Deus - RoYachts Club) con 3 puntos
2º) TROSCADO (First 211 - Natalia Velázquez - RCM Aguete) 6 puntos
3º) QUESITO (First 21.7 - Fernando Torre - Royachts Club) 7 puntos

Agora a esperar pola terceira proba que corresponderá organizar ao Club Náutico de Portonovo o próximo sábado 21 de febreiro.