Gran regata do arousano CORSARIO VI e dos locais ENXUTO e SANUK

COMEZOU ESPLENDIDAMENTE A I REGATA INTERCLUBS GRAN PREMIO DEPUTACIÓN PONTEVEDRA A segunda Etapa disputarase o próximo 7 de Febreiro en Aguete


26/01/2015 |   Pontevedra. - Combarro/Poio, 26 de Xaneiro de 2015

Sensacional posta en escena este pasado sábado da primeira etapa da Regata Interclubs da Ría de Pontevedra - Gran Premio Deputación Pontevedra, que nesta primeira edición xa está a facer historia con 44 embarcacións inscritas (máis de 250 tripulantes). Un magnífico sol e bo vento sumáronse á festa da vela que tivo saída puntual ás 14:35 horas fronte ao porto de Combarro con rumbo directo en popa, de forma que o colorido das velas spis de proa dentro da enseada de Tambo, supuxo unha imaxe inigualable e que ademais puido ser observada por multitude de público impresionado coa proximidade das embarcacións. O percorrido fué costeiro e de distintas lonxitudes segundo a categoría, comezando e rematando en Combarro, practicamente pegados ao peirao de contención da Mariña, non en van correspondía ao Ro Yachts Club organizar esta primeira xornada. Os Clases 1 e 2, os denominados regateros, fixeron un percorrido de 14 millas que chegaba a Morrazán e Pelados que viraban dúas veces, mentres que os Clases 3 e 4, facían 10 millas virando só unha vez Morrazán, e por último os Clásicos e Mini 23 facían o máis curto de 6 millas e media virando só unha vez os Pelados.
En poucas ocasións se poden ver saídas deste tipo en rumbo aberto, onde o CORSARIO VI destacou sobre os demais con prontitude facendo tamén en tempo compensado unha sensacional regata, aínda que en xeral, resultou bastante igualada en todas as categorías.
Finalmente, as clasificacións (provisionais no grupo 1 pendente dunha resolución federativa) en tempo compensado dos primeiros en cada grupo foi a seguinte:
Clase 1 ASELP CONSULTORES,
1º) CORSARIO VI (First 45 s 5 - José Durán - C.M. Vilagarcía)
2º) JUANCAMARÍA 3 - OZOAQUA (IMX 38 - Juan Carlos Pérez - C.N. Combarro) a 01:59
3º) YOUKOUNKOUN (JOD 35 - Adolfo Castro - C.N. Portonovo) a 02:58
4º) AGUIEIRA (Sun Oddisey 40 - Celestino Campelo - RCM Aguete) a 03:18
5º) SAGAR V (Ro 340 - Juan M. Pazó - RoYachts Club) a 07:35

Clase 2 EOLO ACCASTILLAGE & DIFFUSION
1º) ENXUTO (First 310 - Pablo Conde - RoYachts Club)
2º) BILLA (First 27.7 - Francisco Freire - RCM Aguete) a 01:16
3º) VAGALUME (Beneteau 25 - Luis Vidal - RCN Sanxenxo) a 03:28
4º) SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Fortuna 9 - Iñaki Carbajo- CN Beluso) a 04:09
5º) FAÍSCA NEJRA (Ro 300 - José Rey - CN Beluso) a 04:28
Clase 3 FROIZ
1º) SQUID (First 235 - Jacobo Lusquiños - Independente)
2º) MIRAVER (Dufour 32 - Pablo Parado - C.N. Portonovo) a 05:09
3º) CAMARÓN 20 (Yatlant 24 - Javier Pérez - RoYachts Club) a 14:00
4º) O FILISPÌN (Furia 302 - Antonio Novo - RoYachts Club) a 14:08
5º) CONSTANTE (Golfiño 25 - Julián García - Comisión Naval Regatas) a 15:41

Clase 4 LANDIN INFORMÁTICA
1º) SEBRALA 2 (Bavaria 50 - Magin Froiz - RCN Sanxenxo)
2º) PEROMATO (Ro 400 - Rafa Martínez Almeida - RoYachats Club) a 12:00
3º) QUEN VAI (Ro 330 - Laureano Santiago - RCN Sanxenxo) a 13:49
Clase Veteranos
1º) CASSANDRA (Hillyard half ton - Fernando Pazó - CN Portonovo)
2º) ARRAIÁN PRIMEIRO (Arpege - Lucas Martínez - RoYachts Club) a 26:32
3º) JARAVINO (Hunte 616 - Ismael Ferradás - Fgvela) dnf

Clase Mini 23
1º) SANUK (B2 Marine - Mariano Deus - RoYachts Club)
2º) QUESITO (First 21.7 - Fernando Torre - Royachts Club) a 03:20
3º) NADA SEGUNDO (Puma 23 - Carlos Núñez - Independente) a 31:50

Todo por decidir porque isto acaba de empezar e ademais, mesmo se se celebran as 6 etapas programadas, se poderá desbotar a pero de cada un. A segunda etapa será o próximo 7 de Febreiro e corresponderalle organizar o Real Club de Mar de Aguete.