CLUBES NÁUTICOS DA RÍA DE PONTEVEDRA UNEN FORZAS PARA DINAMIZAR A ACTIVIDADE NÁUTICA EN INVERNO A I REGATA INTERCLUBES GRAN PREMIO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA COMEZARÁ O SÁBADO 24 DE XANEIRO E FINALIZARÁ O 18 DE ABRIL PARTICIPARÁN CRUCEIROS DE COMPETICIÓN, ADEMÁIS DE CLÁSICOS, VETERANOS E MINI23 PROVENINTES DE VARIAS RIAS GALEGAS

I REGATA INTERCLUBS DA RÍA DE PONTEVEDRA GRAN PREMIO DEPUTACIÓN PONTEVEDRA


15/01/2015 |   Pontevedra. - xoves 15 de Xaneiro de 2015

Esta mañá foi presentada no Pazo Provincial de la Deputación de Pontevedra, a primeira edición dun evento que tal e como anuncian os seus promotores, nace coa ilusión de ser algo máis que unha cita deportiva, se non tamén promocional dunha ría, como é a pontevedresa, onde son escasos os días do ano en que non se pode navegar ou en todo caso gozar dos sensacionais e belos portos tanto deportivos coma de pesca ou comerciais cunha ampla oferta hostaleira que tamén se intenta dinamizar deste xeito e ademais nunha época desestacionalizada. Concretamente trátase da I Regata Interclubs da Ría de Pontevedra, Gran Premio Deputación Pontevedra.
A presentación foi levada a cabo pola deputada provincial Begoña Estévez á que acompañaban representantes dos 6 clubs promotores, Vicente Rubio Bolívar (Capitán de Fragata Xefe de Estudos da Escola Naval e Presidente da Comisión Naval de Regatas); Guillermo Gefaell Chamochín (Presidente en funcións do Real Club de Mar Aguete); María Santoro (Delegada do Ro Yachts Club Combarro); Javier Ruiz de Cortázar (Presidente do Club Náutico Portonovo); Roi Alvarez Pérez (Xerente Real Club Náutico Sanxenxo) e José Luis Smyth (Presidente Club Náutico de Beluso). Tamén se encontraban representantes dalgunha das firmas colaboradoras como o delegado de Aselp Consultores, Luis Pardo e o xerente de Eolo Náutica, Carlos Agra, colaborando tamén outras firmas como Foiz ou informática Landín.
Grazas ao patrocinio da Deputación de Pontevedra, as inscricións serán totalmente gratuítas, o cal xa non se estila en case ningún evento e as estanzas nas mariñas para os participantes doutros portos externos á ría pontevedresa serán tamén gratuítas.
A regata tamén vai poder seguirse de forma directa virtual en todo o mundo mediante unha aplicación que levarán os barcos participantes nun teléfono.
Serán en total 6 probas ao longo de case catro meses e ademais soamente en sábado, de forma que os participantes teñan tamén máis tempo para facer outras actividades distintas á da regata en si, ou teñan facilidade para retornar aos seus propios portos base despois de cada etapa con tranquilidade. Mesmo se se celebran as seis, cada barco poderá desbotar na que obteña peor resultado.
A consecución de datas das etapas serán (sobre percorridos costeiros ou de tipo técnico segundo as condicións meteo de cada xornada),
- Sábado 24 de Xaneiro -1º PROBA (RO YACHTS CLUB COMBARRO )
- Sábado 7 de Febreiro -2º PROBA (R.C.M.AGUETE)
- Sábado 21 de Febreiro -3º PROBA (C.N.PORTONOVO)
- Sábado 7 de Marzo -4º PROBA (C.N.R. da ENM)
- Sábado 11 de Abril -5º PROBA (R.C.N. de SANXENXO)
- Sábado 18 de Abril -6º PROBA (C.N.BELUSO)
ambién vai poder seguirse de forma directa virtual en todo o mundo mediante unha aplicación que levarán os barcos participantes nun teléfono.
Serán en total 6 probas ao longo de case catro meses e ademais soamente en sábado, de forma que os participantes teñan tamén máis tempo para facer outras actividades distintas á da regata en si, ou teñan facilidade para retornar aos seus propios portos base despois de cada etapa con tranquilidade. Mesmo se se celebran as seis, cada barco poderá desbotar na que obteña peor resultado.
A inscrición aínda está en pleno auxe a estas alturas, xa que ademais por ser a primeira regata da tempada, a maioría dos barcos están a tramitar os seus certificados anuais, facendo remedicións, etc., pero xa na tarde de onte estaban 24 embarcacións inscritas, o cal indica que se vai superar de sobra as 30 unidades, con varios barcos doutras rías e portos distintos da de Pontevedra como son por agora o coruñés PIKO NORTE; os arousanos ZIRALLA e CORSARIO V ou o vigués JARAVINO. Pero aínda faltan por confirmar varias unidades externas. Por parte da frota pontevedresa, a inscrición está a ser masiva, con varias mesmo que van participar por primeira vez nunha regata ou outras que levaban sen participar tempadas.