Gran regata do Ziralla que soubo coller o vento antes que os demáis

ZIRALLA, ANDARIVEL e AY CARMELA, VENCEDORES NA 18ª REGATA HOTEL GALATEA TROFEO CONSERVAS PESCAMAR DE CRUCEIROS


31/08/2014 |   Gran regata do Ziralla que soubo coller o vento antes que os demáis

ZIRALLA, ANDARIVEL e AY CARMELA, VENCEDORES NA 18ª REGATA HOTEL GALATEA TROFEO CONSERVAS PESCAMAR DE CRUCEIROS

ZIRALLA tamén gañou a Clasificación de A Dos
PORTONOVO.- Domingo, 31 de Agosto de 2014

Cun pequeno retraso para montar unha baliza de desmarque, deuse a saída este domingo á segunda e definitiva etapa da Regata Hotel Galatea – Trofeo Conservas Pescamar, que no súa 18ª edición organizou brillantemente o Clube Náutico Portonovo coa colaboración do Clube Náutico Boiro. Saída que se deu con 17 millas e media de percorrido por diante e con vento do leste con 9 nudos de intensidade que ó pouco de saír foi calmando case totalmente, ata que pola beira norte da ría de Arousa foi entrando un vento do noroeste que o ZIRALLA con máis visión que o resto da flota soubo atopar antes que os demáis e escapándose do pelotón chegou destacado á meta de Portonovo, gañando así tamén a xeral da súa clase ORC 1. Máis emocionante estivo a clase ORC 2 onde o ANDARIVEL gañaba a etapa tras unha moi boa regata tamén, e se adxudicaba a xeral por vencer na última proba ó PETRILLA que había acabado cos mesmos puntos. Igualmente deu a volta na clasificación o AY CARMELA en Clase 3 en detrimento do FLOR DE LIS.

Tras o cómputo de tempos compensados, os distintos grupos na xeral final quedaron da seguinte maneira:

Clase 1
1º) Ziralla Primeiro (Astraea 330 - Ramón Barreiro - C.N. Barraña) - 2 Puntos
2º) Younkounkoun (JOD 35 - Adolfo Castro - C.N. Portonovo) - 4 Puntos
3º) Sebrala II (Bavaria 50 - Alfredo Froiz - RCN Sanxenxo - 7 Puntos

Clase 2
1º) Andarivel (First 33.7 - Emilio Patiño - L.C. Vilagarcia) - 3 Puntos
2º) Petrilla (Platú 25 - Jaime Barreiro - RCN Sanxenxo) - 3 Puntos
3º) Limay (Bramador 34 - Jose Luis Smyth - CN Beluso) - 7 Puntos

Clase 3
1º) Ay Carmela (Golfiño 7,25 - Juan Pazó - LM Bouzas) 3 Puntos
2º) Flor de Lis I (Fortuna 9 - Jose Luis Novo - CN. Rianxo) - 3 Puntos
3º) Troscado (First 211 - Natalia Velazquez - RCM Aguete) - 7 Puntos


Categoría A Dos
1º) Ziralla Primero (Astraea 330 - Ramón Barreiro - C.N.Barraña) - 3 Puntos
2º) Ay Carmela (Golfiño 7,25 - Juan Pazó - LM Bouzas) - 5 Puntos
3º1) Flor de Lis I (Fortuna 9 - Jose Luis Novo - CN. Rianxo) - 6 Puntos

A entrega de premios celebrouse no Hotel Galatea nada máis rematar a regata, coa presenza da Conselleira do Medio Rural e de Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.