Pouco vento nesta primeira xornada

ZIRALLA, PETRILLA e FLOR DE LIS, PRIMEIROS LÍDERES DA 18ª REGATA HOTEL GALATEA TROFEO CONSERVAS PESCAMAR DE CRUCEIROS


30/08/2014 |   Pouco vento nesta primeira xornada

ZIRALLA, PETRILLA e FLOR DE LIS, PRIMEIROS LÍDERES DA 18ª REGATA HOTEL GALATEA TROFEO CONSERVAS PESCAMAR DE CRUCEIROS

ZIRALLA tamén domina en A Dos

CABO DE CRUZ.- Sábado, 30 de Agosto de 2014

Con casi unha hora de retraso tivose que dar a saída a esta primeira proba da 18ª edición da Regata Hotel Galatea – Trofeo Conservas Pescamar, que organiza o Clube Náutico Portonovo coa colaboración do Clube Náutico Boiro. Retraso debido á escasez total de vento nas inmediacións do porto de Portonovo, co cual, o Comité de Regata houbo de desprazar a liña de saída case cinco millas fora da ría de Pontevedra, ata pasado o faro de Picamillo, de forma que o percorrido finalmente se reduxera de 19 millas náuticas a apenas 13, xa que tamén a chegada se adiantou media milla. Vento de 11 nudos do Noroeste na saída, pero que a medida que foron avanzando, rolaba hacia a esquerda, de forma que xa dentro da ría de Arousa chegouse a Boiro con apenas 3 nudos de intensidade e do suroeste, o cual produxo un volco na clasificación a partires da Isla de Rúa onde chegaran con grande ventaxa o CORSARIO VI, seguido do YOUKOUNKOUN e ZIRALLA, pero ó calmarse, foron alcanzados polo resto da flota e, en particular, polo PETRILLA que co seu diseño lixeiro conseguiu rebasarlles e gañar incluso en tempo real.

Tras o cómputo de tempos compensados, os distintos grupos nesta primeira xornada quedaron da seguinte maneira:
Clase 1
Vencedor: Ziralla Primero - Astraea 330 - Ramón Barreiro - C.N. Barraña
Segundo: Younkounkoun - JOD 35 - Adolfo Castro - C.N. Portonovo, a 11:48
Terceiro: Desguaces Santorum - First 45F5 - Jorge Durán - C.M. Vilagarcia, a 22:23

Clase 2
Vencedor: Petrilla - Platú 25 - Jaime Barreiro - RCN Sanxenxo
Segundo: Andarivel - First 33.7 - Emilio Patiño - L.C. Vilagarcia, a 8:13
Terceiro: Flor de Lis - X332 - Santiago Batalla - CN. Rianxo, a 8:44

Clase 3
Vencedor: Flor de Lis I - Fortuna 9 - Jose Luis Novo - CN. Rianxo
Segundo: Ay Carmela - Golfiño 7,25 - Juan Pazó - LM Bouzas, a 9:51
Terceiro: Troscado - First 211 - Natalia Velazquez - RCM Aguete, a 25:45


Categoría A Dos
Vencedor: Ziralla Primero - Astraea 330 - Ramón Barreiro - C.N. Barraña
Segundo: Flor de Lis - X332 - Santiago Batalla - CN. Rianxo, a 4:43
Terceiro: Flor de Lis I - Fortuna 9 - Jose Luis Novo - CN. Rianxo, a 6:47

Mañá domingo ás 12 Horas darase o bocinazo de saída da segunda proba da Regata Hotel Galatea-Trofeo Pescamar cun percorrido de aproximadamente 18 millas entre Cabo de Cruz e Portonovo.