Con ista, 18 edicións a contemplan, sendo xa unha clásica entre as clásicas

A REGATA HOTEL GALATEA TROFEO CONSERVAS PESCAMAR DE CRUCEIROS, CELEBRARASE ESTE PRÓXIMO FIN DE SEMANA

Atlante, gañador do ano pasado en Clase A Dous
27/08/2014 |   Con ista, 18 edicións a contemplan, sendo xa unha clásica entre las clásicas

A REGATA HOTEL GALATEA TROFEO CONSERVAS PESCAMAR DE CRUCEIROS, CELEBRARASE ESTE PRÓXIMO FIN DE SEMANA

Será tamén puntuable para o Circuito Galego de Cruceiros A Dos
PORTONOVO.- Mércoles, 27 de Agosto de 2014

Todo a punto para que o próximo fin de semana 30 y 31 de agosto se celebre a XVIII REGATA HOTEL GALATEA – TROFEO PESCAMAR para Cruceiros ORC nas súas modalidades Absolutas (tripulacións completas) e A Dos (tripulacións cun máximo de 2 tripulantes) que será organizada polo Clube Náutico Portonovo que contará coa colaboración do Clube Náutico de Boiro-Marina de Cabo de Cruz que o fai por tercer ano consecutivo e o fiel patrocinio do HOTEL GALATEA e CONSERVAS PESCAMAR.

En declaracións do presidente do clube organizador, D. Javier Ruiz de Cortázar, facía constar o agradecemento ó director do Hotel Galatea, D. Carlos García, de Xestión Hotelera e á xerente de Conservas Pescamar, Dna. Guadalupe Murillo pola súa fidelidade no patrocinio sen os cales non se pode celebrar un evento destas características que ademáis manten a gratuidade na inscripción, cosa que xa poucos clubes fan na actualidade. Tamén destacou a colaboración do Clube Náutico de Boiro e, en particular, na persoa do seu presidente D. Manuel Fajardo, así coma Coca Cola e Bodegas Quinta do Buble.

A regata constará de duas xornadas con sendos percorridos costeiros en liña dende Portonovo na Ría de Pontevedra, ata Cabo de Cruz na Ría de Arousa, sendo a saída o sábado ás 13.00 horas e pernoctando na mariña boirense de Cabo de Cruz ata o domingo, día no que se realizará outro costeiro de regreso coa saída ás 12:00 horas. Cada etapa terá unha distancia aproximada de 19 millas segundo o itinerario que ordene o comité de regatas á vista das condicións meteorolóxicas que haxa no momento.

E novamente nesta edición os organizadores quixeron dar a oportunidade a que participe unha modalidade en alza actualmente como é a categoría A DOS cuio número superou incluso ós de categoría absoluta nas últimas edicións, habéndolle valido todo elo para que sexa puntuable para o Circuito Galego de Cruceiros A Dos do 2014.

Esperase chegar ás 30 unidades como mínimo en Liña de saída.

Lembremos que na pasada edición os vencedores, que tamén seguro van tentar estar nesta para defender o seu título, foron en ORC1 o SEBRALA (Bavaria 50 – Magin Alfredo Froiz – RCN Sanxenxo); en ORC2 o PUNTA LAGOA (Sun Fast 32 – Alberto Iglesias – CN Punta Lagoa); en ORC3 gañou o PIKO NORTE (Bavaria 32 – José Manuel Castro – RCN Coruña) e por último, en A Dos o vencedor foi o ATLANTE UN (Dehler 37 – Gonzalo Vázquez – CN Sada).