Documentación

Despacho de embarcacións de recreo


O.M. DE 18 DE XANEIRO DE 2000
É obrigatorio o Despacho para as embarcacións españolas non exentas, e para as estranxeiras de aluguer con base en España.

¿Qué é o Despacho?

A comprobación, por parte da Administración Marítima, de que os buques e embarcacións civís cumpren con tódolos requisitos esixidos polas normas legais para poder navegar.

¿Deben despacha-las embarcacións de recreo?

É obrigatorio o Despacho para as embarcacións españolas non exentas, e para as estranxeiras de aluguer con base en España.

¿Qué embarcacións están exentas de Despacho?

¿Cómo se despachan as embarcación de recreo?

1. Embarcacións da lista 6ª e 7ª, de menos de 24 metros de eslora, sin tripulación profesional: Lugar: Na Capitanía Marítima. Documentos: O Rol ou a Licencia de Navegación, onde se anotará o título necesario para o seu goberno e o número máximo de persoas que a embarcación poda levar.

2. Embarcación de máis de 24 metros de eslora:

Teñen consideración de buques, por tanto se despachan como os buques mercantes. Lugar: Na Capitanía Marítima

3. Embarcación con tripulación profesional:

Despáchanse como os buques mercantes.

4. Embarcación estranxeiras de aluguer con base en España:

As matriculadas nun Estado membro da Unión Europea despacharanse como as españolas, pero utilizando a licencia de Navegación segundo modelo da O.M. de 4 de decembro de 1985. As matriculadas en terceiros países despacharanse segundo dita O.M. As embarcacións estranxeiras de máis de 24 metros de eslora tamén se consideran buques e despacharanse como os buques mercantes estranxeiros.

RECORDE

A documentación acreditativa de que a embarcación está debidamente despachada debe obrar a bordo en todo momento durante a navegación.

A persoa que exerza o mando da embarcación debaerá levar en todo momento a titulación que lle faculta para elo.

A Capitanía Marítima informara adecuadamente e facilitará os impresos e documentos precisos para o despacho.

A navegación, carecendo de Despacho, constitúe infracción grave de acordo co disposto no Regulamento sobre Despacho de Buques, aprobado por O.M. de 18 de xaneiro de 2000.

Os títulos de náutica de recreo son exclusivamente para o goberno de estas embarcacións, non podendo percibir retribución algunha polo seu uso.