Documentación

Inspección de embarcacións de recreo


R.D. 1434/1999
(BOE DE 11 DE SETEMBRO DE 1999, Nº 218)
Ata o 11 de marzo de 2000, os preceptivos recoñecemento e inspeccións a que deben someterse as embarcacións de recreo, cuio resultado favorable permite a expedición ou renovación do Certificado de Navegabilidade, eran executadas pola Administración Marítima.

Ata o 11 de marzo de 2000, os preceptivos recoñecementos e inspeccións a que deben someterse as embarcacións de recreo, cun resultado favorable que permite a expedición ou renovación do Certificado de Navegabilidade, eran executados pola Administración Marítima. A partir desa data, o recoñecemento inicial continuará sendo efectuado pola Administración Marítima. As demais inspeccións e recoñecementos serán executadas polas Entidades Colaboradoras de Inspección.

A forma de selección e os criterios e directrices de actuación das Entidades Colaboradoras de Inspección, o tipo e alcance dos recoñecementos e inspeccións e o novo formato de Certificado de Navegabilidade, defínense e detállanse no Real Decreto 1434/1999 de 10 de setembro (B.O.E. nº 218 de 11 de setembro de 1999).

¿Qué embarcacións deben ser inspeccionadas polas Entidades Colaboradoras?

Lista 6ª. Eslora entre 2,5 e 24 metros. Lista 7ª. eslora entre 6 e 24 metros.

¿Quen emite o Certificado de Navegabilidade?

O Certificado de Navegabilidade expídeo sempre a Administración Marítima.

Prazos dos recoñecementos (Real Decreto 143/99)

 

Tipo de Recoñecemento
Embarcacións afectadas
Periodicidade
Lista
Características  
PERIÓDICOS
L < 6 m
Sen caducidade
6m< = 24m
Máximo 5 anos
2,5m<=<24m
INTERMEDIOS
L= 6 m
Entre o 2º e 3º ano seguintes ó recoñecemento inicial ou periódico
L > 6 m
(ídem)
L>= 6 m
(ídem)
(casco madeira)
(ídem)
ADICIONAIS
Todas
2,5m<L24m
Casos: Artigo 3D
Todas
2,5m<24m
Casos: Artigo 3E

 

¿Débese solicitar inmediatamente o novo formato de Certificado de Navegabilidade?

Non, tan só cando a data do próximo recoñecemento estea próxima ou se producira algunha circunstancia (cambio de motor, modificación importante, etc.) que requira unha inspección adicional.

¿Cando se debe acudir a unha Entidade Colaboradora de Inspección?

Con antelación mínima de 15 días naturais á data de caducidade do Certificado de Navegabilidade, se ben previamente debe trocarse o antigo Certificado de Navegabilidade polo novo na Capitanía Marítima.

¿Como contactar cunha Entidade Colaboradora de Inspección?

Tódalas entidades Colaboradoras de Inspección deben ter cobertura nacional. Sen embargo ata o 12 de marzo de 2002 podarán tan só cubrir determinadas zonas.

¿Que sucede se na zona onde navego non presta aínda os seus servicios ningunha Entidade Colaboradora de Inspección?

Nas zonas onde aínda non actúe ningunha Entidade Colaboradora de Inspección, as inspeccións continuarán sendo realizadas pola Capitanía Marítima correspondente.