Club Nautico Portonovo

Historia do Club

O Club Náutico de Portonovo foi fundado o 15 de agosto de 1992 nunha asemblea celebrada nos locais da lonxa de Portonovo por corenta persoas afeccionadas ós deportes náuticos, co anceio de fomentalos na zona. Está ubicado na localidade pontevedresa de Portonovo, municipio de Sanxenxo. O seu primeiro presidente foi D. Juan Salle Barreiro Pérez.

Foi desde o inicio unha sociedade moi apegada a Portonovo coa pretensión de servir de lugar de encontro dos seus habitantes cos socios que chegan de fóra unidos por unha mesma paixón: o mar. O Náutico adoptou como gallardete o escudo de Portonovo: dous remos cruzados sobre unha cruz amarela e branca con fondo azul.

Comezou cun servizo de bote durante os meses de verán pero o incremento de socios e por tanto de demanda fixeron preciso amplialo ós doce meses do ano.

Os seus fins fundacionais son, entre outros, a potenciación na súa área de influencia dos deportes náuticos, moi especialmente a vela, a pesca e o mergullo que contan coas súas respectivas seccións deportivas, federadas as de vela e actividades subacuáticas.

Na actualidade, o Club Náutico conta con mais de 330 socios entre fundadores, de número e familiares,  e unha flota de 160 embarcacións.

Ten en concesión o porto deportivo de Portonovo que dispón de mariñeiría todo o ano e capacidade para 203 embarcacións. A sede social provisional está ubicada na rúa Rafael Picó 44, 1º .

O porto deportivo dispón dun edificio de cerca de 450 metros cadrados en dous andares. Na primeiro andar está situada a recepción de mariñeiría, lavandeiría para viaxeiros  e navegantes transeúntes, recepción e administración, cafetería, almacén, vestiarios e cuartos de baño. No andar da planta alta encontrase o salón social para usuarios con TV, sala de lecturas  reunións, restaurante aberto o público, e unha terraza de 60 metros cadrados.

Desde 1993 unha escola de vela tenta consolidar este deporte entre os máis novos. A flota da que dispón o Náutico é de  embarcacións: 9 optimist, 4 cadetes, un raquero, 4 hobbie cat, una embarcación de vela cruceiro de 29 pes, e unha embarcación neumática auxiliar.

No que a competicións deportivas náuticas se refire,  o Club en vela, comezou no ano 1996, no mes de agosto, coa regata Trofeo Hotel Galatea, de dous días de duración incluída no calendario da Federación Galega de Vela., aumentando paulatinamente as as actividades de vela ata actualidade, na que organizan aparte da Regata Galatea, o Trofeo Casino La Toja, Trofeo Enmacosa.

A sección de actividades subacuáticas, que está dotada de botellas e compresor de carga das mesmas, e se imparten clases de mergullo recrativo, e fanse saídas todo o ano a distintos puntos da Rías.

En pesca deportiva, o Club Náutico de Portonovo, ven celebrado dende fai mais de doce anos o Campionato Rodman -  Nautica Paco de pesca deportiva sobre embarcación fondeada.

As instalacións portuarias do Club Náutico de Portonovo teñen as seguintes certificacións das súas instalacións náuticas deportivas: