Escola de vela lixeira

O Club náutico de Portonovo ten entre os seus fins fomentar, desde a súa fundación, o deporte da vela, intentando crear canteira e afección entre os máis novos, acercándoos ó mundo da náutica.

Para eso, imparte cursiños de vela lixeira, fundamentalmente nos meses de xullo e agosto, cunha pequena flota composta por 6 optimist, 4 cadetes, un raquero e dúas embracacións neumáticas auxiliares.

Os cursiños, impartidos por monitores especializados e titulados, teñen unha duración media de 20 horas, de luns a venres, en horario de mañá e tarde.

 

Clases - Xuño 2015

O próximo mes de xullo comeza a escola de vela do Club Náutico de Portonovo, que este ano disporá de dous monitores titulados, na que pretendemos darlle un xiro importante, con a implantación de bautismo de mar, saídas en barco de vela e en catamarán, clases colectivas e individuais, SUP (Stand and paddle). Utilizaranse raquero, optimist, hobie cat, cruceiro, ...

As clases serán de luns a venres de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas.

Poderán darse clases particulares, para iso deberase contactar co Club, incluso os fins de semana.

Para calquera información dirixirse ao Club.

Ven a vivir o mar connosco, e de paso que gozas aprendes a navegar.

 

Escuela de vela

Escuela de vela


Escola de vela cruceiro

Máis información en breve.