Actividades subacuáticas

Escola Galega de Mergullo (FEDAS)


Cursos de buceo recreativo

Estes cursos pretenden acerca-la técnica do buceo con escafandra autónoma ó afeccionado. Títulos da ESCUELA NACIONAL DE BUCEO AUTONOMO DEPORTIVO (E.N.B.A.D.), dependente da FEDERACION ESPAÑOLA DE ACTIVIDADES SUBACUATICAS (F.E.D.A.S.) pertencente o CONSEJO SUPERIOR DEL DEPORTE e integrada na CONFEDERACION MUNDIAL DE ACTIVIDADES SUBACUATICAS (C.M.A.S.), de validez mundial.

Mergullador 1 estrela

Impártense materias teóricas e prácticas para moverse con seguridade na auga e mergullo con escafandra. Este título habilita para practicar buceo autónomo deportivo ata a profundidade de 20 m. O curso, consta de 5 sesions teóricas e 10 sesions prácticas, das cales 5 soen ser en piscina e as outras 5 en mar. Clases de 90 minutos aproximadamente, con un total de 20 horas de formación aproximadamente.

Mergullador 2 estrelas

Tamén denominado 2ª clase
Autoriza o mergullo ata os 40m. de profundidade.
O curso, consta de 7 sesions teóricas e 11 sesions prácticas, das cales 6 soen ser en piscina e as outras 5 en mar. Dentro deste curso incluese o buceo nocturno. Clases de 120 minutos aproximadamente, con un total de 40 horas de formación aproximadamente. Para obter este título deberase estar en posesión do B1E (buceador uva estrela)

Bautismo de Buceo

É unha actividade que pretende descubrir e disfrutar do mundo subacuatico introducindo ós posibles afeccionados un novo espacio, eliminando tabúes, e dando a coñecer flora e fauna. Ten unha duración de 4 horas, para mayores de 12 anos. Consta dunha clase teórica e outra de agua, entregándose con certificado oficial.

 

Buceo Buceo Buceo