Ata o 11 de marzo de 2000, os preceptivos recoñecementos e inspeccións a que deben someterse as embarcacións de recreo, cun resultado favorable que permite a expedición ou renovación do Certificado de Navegabilidade, eran executados pola Administración Marítima. A partir desa data, o recoñecemento inicial continuará sendo efectuado pola Administración Marítima. As demais inspeccións e recoñecementos serán executadas polas Entidades Colaboradoras de Inspección.
A forma de selección e os criterios e directrices de actuación das Entidades Colaboradoras de Inspección, o tipo e alcance dos recoñecementos e inspeccións e o novo formato de Certificado de Navegabilidade, defínense e detállanse no Real Decreto 1434/1999 de 10 de setembro (B.O.E. nº 218 de 11 de setembro de 1999).
Lista 6ª. Eslora entre 2,5 e 24 metros. Lista 7ª. eslora entre 6 e 24 metros.
O Certificado de Navegabilidade expídeo sempre a Administración Marítima.
Tipo de Recoñecemento |
Embarcacións afectadas |
Periodicidade |
|
Lista |
Características |
||
PERIÓDICOS |
7ª |
L < 6 m | Sen caducidade |
7ª |
6m< = 24m | Máximo 5 anos |
|
6ª |
2,5m<=<24m | ||
INTERMEDIOS |
6ª |
L= 6 m | Entre o 2º e 3º ano seguintes ó recoñecemento inicial ou periódico |
7º |
L > 6 m | (ídem) |
|
7ª |
L>= 6 m | (ídem) |
|
(casco madeira) | (ídem) |
||
ADICIONAIS |
Todas |
2,5m<L24m | Casos: Artigo 3D |
Todas |
2,5m<24m | Casos: Artigo 3E |
Non, tan só cando a data do próximo recoñecemento estea próxima ou se producira algunha circunstancia (cambio de motor, modificación importante, etc.) que requira unha inspección adicional.
Con antelación mínima de 15 días naturais á data de caducidade do Certificado de Navegabilidade, se ben previamente debe trocarse o antigo Certificado de Navegabilidade polo novo na Capitanía Marítima.
Tódalas entidades Colaboradoras de Inspección deben ter cobertura nacional. Sen embargo ata o 12 de marzo de 2002 podarán tan só cubrir determinadas zonas.
Nas zonas onde aínda non actúe ningunha Entidade Colaboradora de Inspección, as inspeccións continuarán sendo realizadas pola Capitanía Marítima correspondente.